O Grupo Popular propón que os cartos do alumeado do Nadal e Entroido vaia a bolsa de Emerxencia

alumeado nadal2014
O Grupo Popular propón que os cartos do alumeado do Nadal e Entroido vaia a bolsa de Emerxencia
Solicitouno nun escrito esta mañá ao grupo de Goberno

En condicións normais en menos dun mes as nosas rúas e os nosos pobos estarían engalanados co alumeado da festividades de Nadal.

Pero por desgraza non estamos en condicións normais, nin será un Nadal como de costume. O noso tecido económico leva meses suxeito a unha grave crise e cun futuro moi incerto.

Igual que solicitamos utilizar o remanente de superávit para axudar ao noso comercio, hostalería, pemes, autónom@s,...

Solicitamos no día de hoxe ao Grupo de Goberno do Concello de Xinzo de Limia que gran parte da partida destinada ao alumeado de Nadal e a total do alumeado do Entroido 2021 se pase a bolsa de Emerxencia Social para incrementar a partida de axudas que tanto necesitan autónom@s, pemes, hostalería, comercio, ...

Igual que solicitamos celeridade nos trámites para poder adxudicar o antes posible estas axudas; cada día que pasa é un día máis que gran parte do noso sector económico está coa lousa do peche enriba.

Esta proposta, segundo manifesta Antonio Fernández-Toni, debería ser consensuada, no tema de Nadal co sector de comercio e hostalaría, manifestando que xa falaron con algúnha persoa representante dos mesmos e non verían mal a proposta.