O Grupo Popular solicita reunir as comisións con urxencia unha vez aprobados os orzamentos 2020

O Grupo Popular solicita reunir as comisións con urxencia unha vez aprobados os orzamentos 2020

As axudas á nosa veciñanza non poden esperar máis.

Trascripción literal da nota de prensa do grupo Popular no concello de Xinzo:

No anterior plenario aprobouse os orzamentos 2020 e en poucos días entrarán en vigor.

Xa podemos entón empezar a traballar coas partidas que se dispoñen para emerxencias, coas partidas que se podan trocar para aumentar a bolsa social e que ordenanzas modificar para rebaixar as cargas fiscais da nosa cidadanía.

Agora, e xa vai sendo tarde, toca reunirse ás comisións informativas pertinentes (Economía, Servizos Sociais, ...) para acordar as axudas e rebaixas fiscais que o presuposto 2020 permita, para aprobalas no vindeiro plenario que se celebre no noso Concello.

O Grupo Municipal Popular vimos de rexistrar unha solicitude para que se celebren as reunións das comisións con urxencia; as axudas á nosa veciñanza non poden esperar máis.

A oposición aceptamos que as nosas mocións de emerxencia social, presentadas durante o confinamento, non fosen ao anterior pleno para poder acordar todos os grupos municipais, conxuntamente, acordos e medidas para auxiliar ás persoas con poucos recursos, autónom@s, comercio, hostalería, pemes ou empresas, que están a sufrir a crise económica que arrastrou o Estado de Alarma.

Xa non hai escusas, o pobo necesita máis que nunca dos seus representantes municipais e o Grupo Municipal Popular segue ombro con ombro como leva facendo dende o inicio.