O grupo popular de Xinzo, non entende por que non lle deron o proxecto da Moreira, cando o pediron no pleno

Grupo Popular de Xinzo
O grupo popular de Xinzo, non entende por que non lle deron o proxecto da Moreira, cando o pediron no pleno

Agora solicítano por escrito. Queren ver o proxecto e despois a realidade, que segundo manifestan, nunca corresponde como sucedeu na Sitibal, Zepetal etc.

O grupo do PP de Xinzo de Limia, a través do seu portavoz Antonio Fernandez Veiga, rexistrou unha solicitude para que o goberno local lle faga chegar o “Proxecto da Moreira”.

Esta petición se lle fixo no anterior pleno ordinario sendo a súa resposta, que preferían facelo cando dito proxecto estivese asinado dentro do convenio que deben asinar Deputación, a Secretaria Xeral para o Deporte- Xunta de Galicia, e o mesmo Concello.

O PP ve nesta situación, unha excusa e mesmo unha ocultación de datos que lle fai o partido maioritario da oposición, e que non é de recibo que despois presuman de que teñen talante, transparencia e diálogo, como ben sendo habitual.

Este grupo non quere que o proxecto remate como remataron as obras da pista Zepetal, Sitibal así e como a aberración realizada na Travesía do Bouzo; todas elas por certo, obras comprometidas polo anterior gobernó do PP e presupuestadas e financiadas pola Xunta de Galicia no seu compromiso con Xinzo, pero mal executadas en obra polo actual cuatripartido de goberno municipal.

Dende o grupo do PP de Xinzo entendemos que cos cartos dos nosos/as vecinos/as non se debe xogar e moito menos ignorar á nosa veciñanza.