O grupo pupular pregunta sobre a desinfección de bancos e xogos infantís

parque
O grupo pupular pregunta sobre a desinfección de bancos e xogos infantís
Pide que se informe da hora en que se fai en paneis nos parques

Nota de prensa transcrita literalmente

Nestes días no pobo e entre as persoas que nos visitan hai inquedanza pola desinfección das zonas de xogo infantís e do mobiliario urbano.

A xente pregúntase como pode saber se o lugar onde xogan nenas e nenos ou os bancos onde sentarse foron desinfectados ese día, sexa luns ou domingo.

O Grupo Municipal Popular rexistrou hoxe un solicita pedindo a información que a veciñanza quere saber, ademais da colocación de paneis onde se anuncie o día e a hora na que se desinfectou cada zona.

As veciñas e veciños do noso Concello reclaman saber e deixar atrás esa intranquilidade . Comprobamos que a comunicación do Concello segue a ser de campaña de imaxe para o Grupo de Goberno, non comunicación para o que interesa de verdade á cidadanía.

Vemos na prensa e nas RRSS noticias e fotos de “autobombo”, sen contido e solucións”, escondendo a nula eficacia, vendendo como propias as inversións da Xunta ou da Deputación conseguidas pola anterior corporación. Ocultando cada día como de verdade se desinfecta. Negándose a responder ás preguntas e aos escritos que presenta a oposición. Tapando a falta de axudas reais e importantes que a poboación necesita e reclama.

Seguimos co “Vendo que fago moito, pero non fago nada”.