Gumersindo Lamas Alvar continúa como presidente do GDR-10

184
Gumersindo Lamas Alvar continúa como presidente do GDR-10

Nesta nova convocatoria o grupo bateu o récord de Galicia en proxectos presentados.

Na asemblea celebrada en Xinzo onte a noite renovouse a xunta directiva, posto que este ano o Grupo de Desenrolo Local aumentou o número de concellos e asociación que o conforman.

66 proxectos presentados con 8 millóns de euros de inversión

185De tódolos proxectos presentados tan solo foron admitidos como favorables un total de 56 cunha inversión prevista por parte dos promotores de 8.057.345,67 €.

Dos 56, 35 pertencen a proxectos produtivos cunha inversión prevista de mais de seis millóns de euros. O resto de proxectos denominados Non Produtivos atópanse os presentados por entidades públicas (concellos) con un total de 11 presentados cunha inversión de un millón e entidades privadas (Asociacións) para os que se presentaron 10 con case medio millón de euros de inversión.

FORMACIÓN REGRADA ORGANIZADA POLO GDR

A Asemblea tamén aprobou a formación regrada(Cursos) que o GDR organizará directamente e que se levarán a cabo neste ano 2017.

Proximamente serán anunciados os cursos de formación ofrecidos.