Hoxe comeza a efectividade do convenio dos músicos co comercio local

IMG-20201125-WA0008
Hoxe comeza a efectividade do convenio dos músicos co comercio local

O convenio foi asinado entre a Agrupación Musical da Limia e ProLimia

Fai uns días os representantes das dúas asociacións asinaron un convenio polo que as colaboracións que a Agrupación Musical ten cos seus membros, se entregarán en vales para consumir no comercio local. Desta maneira os asociados de ProLimia serán os beneficiados das cantidades que van ater “os músicos” que desta maneira voltarán a quedar na zona.

A Agrupación Musical entregará a cantidade total a ProLimia, para que segundo se vaian consumindo os vales individuais, para que estes comercios os presenten na sede de ProLimia cada quince días e se proceda ao seu abono.

IMG-20201125-WA0009

“VALES” DE COMPRA ENTRE 30 E 100 €

O listado do que ten cada compoñente da Agrupación ten para consumir no comercio, xa foi entregado a cada persoa e estes irán descontando, segundo a compra en cada establecemento.

Esta é unha maneira de que os cartos que se xeran na comarca revertan na comarca, sen posibilidade de gasto ben fora da comarca ou por internet.

Os membros de ProLimia xa recibiron hoxe as follas para anotar os cartos consumidos en cada establecemento e a maneira de proceder destes para o cobro a través da asociación ProLimia.