Hoxe comezaron as ofertas Black Friday no comercio de Xinzo

cartel blak
Hoxe comezaron as ofertas Black Friday no comercio de Xinzo

Toda unha semana de ofertas ata o sábado 28 incluído

Os membros da asociación ProLimia, decidiron que o Black Friday deste ano, dure unha semana, na que as tendas ofertarán rebaixas nos seus artigos, cada unha coa oferta que queiran individualmente.

ProLimia, xunto co comercio organizan esta semana de descontos antes de entrar nas datas de Nadal onde haberá suculentos premios semanais para todos aqueles que realicen as súas compras de Nadal no comercio Local. Recordar que os premios serán este ano aportados pola concellería de Promoción Económica do concello de Xinzo.