Hoxe presentouse o “renacido” festival FAX

Hoxe presentouse o “renacido” festival FAX

Despois de 10 anos volve o Festival Alternativo de Xinzo –FAX

No salón de plenos do Concello e coa presenza do alcalde Antonio Rodríguez, o deputado Provincial Manuel Doval , o concelleiro de Cultura Luís M. Gil e José M. Freiría como máximo responsable da organización do festival. Asistiron tamén Araceli e Janira dúas representantes de Limisi , asociación escollida pola organización a cal irán a parar o 30% do recadado en entradas.

Tomou a palabra o alcalde para agradecer a todos os organizadores e colaboradores, así como a Limisi a súa presenza e aproveitar a ocasión para contestar a portavoz do PSOE en Xinzo as declaración feitas a prensa fai uns días, referíndose a \“escasa\” programación cultural para este verán no Concello.

\“Xinzo é o concello de toda a provincia de Ourense con unha maior programación cultural e deportiva e que abrangue a tódalas idades.\”

321PROGRAMA MUSICAL DO FAX

José Manuel na súa intervención ademais de agradecer as axudas por parte de todos os organismos Concello e Deputación, fixo unha pequena historia do que foi o FAX ata fai 10 anos, e como agora están moi entusiasmado neste regreso, que esperan sexa para quedarse.

Para elo presentan este ano un cartel moi apetitoso, tendo como gran estrela a SES, cantante galega reivindicativa 100% así como a COANHADEIRA grupo ourensán cunha sólida traxectoria no mundo do folk e que presentarán o seu derradeiro traballo \“Bicos con luvas\”.

Tamén estarán nesta edición 2017 ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS, premio MIN da música independente 2017 ó mellor álbum en galego . Presentarán en Xinzo \“Cantares\”.

E como non podía ser doutra maneira o outro grupo que participara na \“resurrección\” do FAX será o grupo Limiao \“HABITACIÓN VUDÚ\”.

ENTRADAS A 8 €

As entradas xa están a venda en internet no portal de –ataquilla.com- e o día do concerto na billeteira do recinto a 10€. Dentro do recinto haberá postos de hostalaría para que unha vez que se abran as portas as 20:30 e dende o inicio do festival coa actuación de Coanhadeira as 21:00 ata o remate, todos teñan as necesidades todas cubertas.

Na programación horaria xa presentada será as 22:00 cando chegue a actuación de SES para as 23:45 está prevista a do grupo Habitación Vudú e rematar o festival despois da actuación de Eladio y los seres queridos que dará comezo as 00:45.

Como xa dixera na presentación inicial o 30% da recadación será para a asociación limián Limisi.

O FAX COMEZOU O 6 DE AGOSTO DE 2016

322Para rematar o acto foi Luís M. Gil o que tomou a palabra para comentar que o FAX comezou a testarse o 6 de agosto do 2016, unha vez rematado o concerto que Habitación Vudú ofreceu no parque do Toural. José Manuel, antes de preguntarme que me parecerá o concerto espetoume:\”por que non volvemos a facer o FAX\”. Dende ese momento todo foron reunión de traballo, propostas, visitas e aquí está de volta o festival.