O Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares (Vigo) están a promover conxuntamente diversas actividades para celebrar as Letras Galegas 2017 dedicadas a Carlos Casares, co fin de acrecentar e enriquecer o estudo da súa figura e da súa creación literaria, semente de cultura.
Os traballos premiados serán publicados nun número monográfico da revista Lethes e os/as autores/as recibirán un lote de libros do autor, Carlos Casares, doado pola Fundación Carlos Casares.
Unha desta actividades foi a organización do II Certame escolar de creación literaria e plástica, no que se presentaron máis de 130 traballos e participaron alumnos de doce centros da comarca limiá: os CEIPs de Baltar, Os Blancos, Cualedro, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Carlos Casares e Rosalía de Castro de Xinzo, e Xunqueira de Ambía; e os IES Cidade de Antioquía e Lagoa da Antela de Xinzo.
Os traballos premiados neste II Certame escolar de creación literaria e plástica, conxuntamente cos relatorios ou comunicacións dos asistentes ao Foro de escritores limiaos, celebrado o pasado 29 de abril no Museo da Limia, serán publicados nun número monográfico da revista Lethes (Cadernos Culturais do Limia) que sairá no vindeiro mes de outubro.
O xurado estivo presidido por Antón Riveiro Coello
O xurado estivo presidido por Antón Riveiro Coello, contou con Chus Pato (María Xesús Pato Díaz), Concha Rousia e Manuel Seoane como vogais e actuou de secretario Delfín Caseiro Nogueiras.
RELACIÓN DE PREMIADOS:
CATEGORÍA I.- [email protected] de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria, na modalidade de creación plástica.
OPCIÓN |
PSEUDÓNIMO |
TÍTULO |
LITERARIA: |
Deserto |
- - |
PLÁSTICA: "Ex aequo" |
Juan Cristo Chaira |
Sen título. Carlos Pires Gómez. 2º EP. CEIP PI dos Blancos. "As formigas suben". Noa Quintas Rodríguez. 2º EP. CEIP de Rairiz de Veiga. |
CATEGORÍA II.- [email protected] do 2º e do 3º ciclos de Educación Primaria ESO, nas dúas modalidades.
OPCIÓN |
PSEUDÓNIMO |
TÍTULO |
LITERARIA: |
Barreiros |
"Toribio revoluciona o tráfico". Andrés López Feijoo. 6º EP. CEIP Carlos Casares. Xinzo de Limia. |
PLÁSTICA: "Ex aequo" |
Gamer Bluster Bolboreta |
"Un polbo xigante". Alumnado de 3º 4º e 5º de EP. CEIP de Sandiás. "A bomba da felicidade". Carlota Iglesias Cid. 6º de EP. CEIP Pl. de Vilar de Barrio. |
CATEGORÍA III.- [email protected] dos tres primeiros anos da ESO, nas dúas modalidades.
OPCIÓN |
PSEUDÓNIMO |
TÍTULO |
LITERARIA: |
Silver Wolfox |
"O amor nas atraccións". Álex Jardón González. 1º ESO. IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia. |
PLÁSTICA: |
Deserto |
- - |
CATEGORÍA IV. [email protected] de 4º ano da ESO, de Bacharelato e de ciclos formativos de Formación Profesional, nas dúas modalidades.
OPCIÓN |
PSEUDÓNIMO |
TÍTULO |
LITERARIA: |
Xoaniña |
"Un pano, un xornal e unha cadeira". Ana Posada Míguez. 1º BACH. IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia. |
PLÁSTICA: |
Ethel |
"A nena do circo". Miranda García Fonseca. 1º BACH. IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia. |