Segundo concurso de creación literaria e plástica sobre a Carlos Casares

56
Segundo concurso de creación literaria e plástica sobre a Carlos Casares

A piques de rematar o prazo –o 26 de marzo– para a presentación dos traballos.

O Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares deron a coñecer os nomes das persoas que forman o xurado do concurso literario e de manualidades na súa segunda edición. 70Estará presidido por Antón Riveiro Coello, un dos mellores autores da literatura galega actual, con novelas tan celebradas como As rulas de Bakunin (2000), A esfinxe de amaranto (2003), Laura no deserto (2011) ou Os elefantes de Sokúrov (2015), traducidas xa a diversas linguas europeas. A súa última obra, A ferida do vento (2016) é unha emocionada homenaxe a Xinzo de Limia e ao escritor Carlos Casares.

Como vogais estarán, Chus Pato (María Xesús Pato Díaz), Concha Rousia e Manuel Seoane.

Chus Pato é unha das voces poéticas máis modernas e persoais das letras galegas. É académica numeraria da Real Academia Galega desde o ano 2016 e forma parte do colectivo Redes Escarlata. Ten publicado unha decena de poemarios, que contan con traducións a varias linguas. Algúns títulos relevantes son Urania (1991), m-Talá (2000) e Carne de Leviatán (2013).

Concha Rousía forma parte da Academia Galega da Lingua Portuguesa e colabora co Instituto Cultural Brasil-Galiza. Vén colaborando con poemas e relatos en revistas como Agália, A folha da fouce ou A Regueifa. Ten publicado, entre outros, o libro de narrativa Sete fontes (2005) eo poemario Se os carvalhos falassem (2016).

O xurado estará presidido por Antón Riveiro Coello.

69Manuel Seoane, arquitecto e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antón Faílde de Ourense. Director dos traballos de rehabilitación da catedral de San Martiño de Ourense. Premio Manuel Gómez Román 2016, da Asociación de Amigos de Castelo de Maceda Setestrelo. É un dos fundadores de Centro de Cultura Popular do Limia e un dos artífices da revista Lethes, poderosos axentes dinamizadores da cultura nas terras da Limia.

Delfín Caseiro, catedrático de Lingua Galega e Literatura, actuará como secretario do xurado.

Actuará como secretario, Delfín Caseiro Nogueiras, catedrático de Lingua Galega e Literatura e inspector de educación. É membro do padroado do Museo da Limia e colaborador do Centro de Cultura Popular do Limia. Ten colaborado en revistas como Raigame, Lethes ou Tempos Novos, así como en diversos xornais galegos. Prepara a edición de Teixeira de Pascoaes e Vicente Risco (epistolario) (2012) e da edición facsimilar de Xavier Prado Lameiro: Obra completa (2014).

No citado concurso participan trece centros da comarca limiá: os CEIPs de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Cualedro, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Carlos Casares e Rosalía de Castro de Xinzo, e Xunqueira de Ambía; e os IES Cidade de Antioquía e Lagoa da Antela de Xinzo.