II Congreso Rural Limiao do despoboamento

24-11-14-27.admin.WhatsApp_Image_2022-11-24_at_10.01.42_AM
II Congreso Rural Limiao do despoboamento

Alugar a miña casa e que me vaia ben

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza unha xornada aberta para todas as persoas interesadas no tema arredor da falta de xente nos pobos e da dificultade para atopar casas dispoñibles para alugar e para comprar.

Un rural habitable e habitado é o lema que o CDR defende porque é a única maneira de que persista.

Para loitar contra isto, o CDR ven desenvolvemento accións para localizar familias con casas para alugar e familias que queiran vivir no rural limiao. A maior barreira ata o de agora é a dificultade para encontrar casas aptas para ser habitadas inmediatamente por iso esta xornada está dirixida principalmente para derrubar mitos e medos arredor dos alugueres e das vendas.

A xornada, que estará conducida por Camilo Vila (responsable dos proxectos contra o despoboamento do CDR), contará con Anxo Louzán, especialista en materia de asesoramento contable e fiscal e cunha asemblea das persoas asistentes para coñecer e reflexionar arredor de experiencais reais de xente que alugou as súas casas ou xente que chegou a vivir á Limia. Tamén se agarda representación do Concello de Sarreaus.

O congreso finalizará coa elaboración dun “manifesto contra o despoboamento” que o CDR se compromete a difundir conforme remate o acto.