II Congreso rural limiao do Despoboamento

Asistentes ao congreso
II Congreso rural limiao do Despoboamento
Celebrouse en Lodoselo na tarde de onte día 1 de decembro

O CDR O Viso vén de organizar o II Congreso rural limiao do Despoboamento na tarde de onte, xoves 1 de decembro, no albergue de Lodoselo.

4
Camilo Vila e Anxo Louzán

A actividade, de clara vontade construtiva e popular, foi presentada polo responsable dos proxectos contra o despoboamento do CDR O Viso, Camilo Vila, quen fixo un percorrido pola situación demográfica na comarca para xustificar a importancia e urxencia dunha cuestión que implica a toda a veciñanza.

Sindo Lamas, alcalde de Sarreaus, ofreceu a súa visión do tema dende a privilexiada perspectiva que lle ofrece o seu cargo. A súa demanda segue sendo o emprego e a súa aposta, a calidade dos servizos do concello.

Iago Prado, técnico de Provivenda, explicou outras accións na provincia dirixidas á loita contra o despoboamento que teñen como principal público persoas que chegan baixo condición de refuxiadas.

1
1

Anxo Louzán, xerente da xestoría Xiama e especialista en materia tributaria, fixo unha revisioń polas implicacións legais das operacións de compra-venda e de aluguer. Ofreceu tamén un servizo de asosamento directo a cuestións concretas que propuxeron as persoas asistentes.

A segunda parte da xornada artellouse de xeito asembleario para reflexionar cooperativamente entre os veciños e veciñas sobre a cuestión do despoboamento, chegando a elaborar un manifesto resumido nun decálogo a seguir polas administracións e pola comunidade.