A II Feira do comercio cuberta ao 90%
12:59 01/07/22
12:59 01/07/22
Na primeira reunión xa se apuntaron para participar máis de 25 establecementos que queren estar outra vez na feira
Ata o 15 deste mes de xullo está aberto o prazo para presentar as solicitudes para expoñer na II Feira do comercio de ProLimia a celebrar no pavillón de deportes da vila o 26, 27 e 28 de agosto.

Na mesma reunión, celebrada na noite do mércores xa quedou reservado practicamente o 90% do espazo expositivo.
Aínda así a asociación promotora ProLimia, enviou aos socios unha folla de inscrición que terán que devolver cuberta, xunto co ingreso do custe do stand tipo (4 x 3 ) que este ano é dde 80 €.
Aqueles que non son socios e queiran participar terán que facerse socios primeiro (pagando a cota antes) , se non aboar o custe do stand ao concello, sendo neste caso o custe de 150 € por stand.