Impactos sobre o Patrimonio cultural e paisaxistico do parque eólico do Larouco

Castro da Boullosa, que sufriría un impacto SEVERO, segundo recoñece o propio promotor
Impactos sobre o Patrimonio cultural e paisaxistico do parque eólico do Larouco
O estudo recoñece que o PE Tramontana afectaría paisaxisticamente ao 96% da superficie da Fraga da Rousía

Impactos sobre o patrimonio cultural

O propio estudo de impacto patrimonial recoñece un impacto SEVERO sobre o Castro da Boullosa (asentamento da Idade de Ferro, preto de Montecelo en Baltar), e impactos tamén sobre o xacemento neolítico Anta, na Boullosa, e sobre o Castelo do Portelo, en San Martiño dos Peros. Trátase de bens incluídos no inventario de Patrimonio Cultural de Galiza. Isto aparece na Memoria sobre o impacto no patrimonio cultural do proxecto PE Mistral, no que o arqueólogo responsábel da prospección advirte: “una parte del terreno donde se pretende ejecutar el proyecto se encuentra completamente invadida por la vegetación de monte, lo cual dificultó enormemente la correcta visualización de su superficie durante la prospección. (...) hay que tener en cuenta que bajo esta manta de vegetación podría haber algún elemento no detectado durante estos trabajos de prospección”.

Unha advertencia similar, polo mesmo autor, queda plasmada en termos moi parecidos na Memoria sobre o impacto no patrimonio cultural do proxecto PE Tramontana, que sinala impactos SEVEROS sobre o Pozo dos Mouros-Casa da Neve (en Lucenza, Cualedro) e sobre a Igresiña dos Mouros (na Saceda, Cualedro), elemento este sobre o que indica: “En la actualidad se encuentra bastante alterado por el emplazamiento de un aerogenerador del parque eólico de Larouco y por el vial de acceso al mismo ”. Tamén alerta de impactos moderados sobre os túmulos neolíticos da Lama Grande (en Montecelo, Baltar) e Medorra (Vilela, Cualedro). E sinala impactos “compatíbeis” sobre dous conxuntos de casas, a Igrexa de Santiago e o seu adro, unha fonte e un lavadoiro na propia aldea de Vilela (núcleo que, como o de Gudín, pertencente a Xinzo, estivo ameazado polas lapas do gran lume de agosto de 2015 no Larouco

Impacto paisaxístico

FRAGA DA ROUSÍA. A máquina 8 do PE Tramontana (8Tra) ficaría a 65 metros ao leste da Área de Especial Interese Paisaxístico Fraga da Rousía. A máquina 7 do PE Mistral (7Mis) ficaría a 202 metros ao oeste da Área. A máquina 7Tra, a 255 metros; a máquina 6Tra, a 523; a máquina 6Mis, a 449 metros; 5Tra, a 904 metros; a 5Mis, a 940 metros. As 15 maquinas de 150 metros de altura estarían nun rango de 2,7 quilómetros a leste e oeste da Área.

O estudo recoñece que o PE Tramontana afectaría paisaxisticamente ao 96% da superficie da Fraga da Rousía,