Importantes proxectos universitarios relacionados co cinema participan no FIC de Verín

124
Importantes proxectos universitarios relacionados co cinema participan no FIC de Verín

Universidades españolas e latinoamericanas mostran os seus proxectos por primeira vez en Galicia.

A sexta xornada do Festival Internacional de Curtos de Verín (FIC) Vía XIV comezou coa mesa redonda "Cinema, Festivais e Universidade", integrada por Cristian Bonilla, director do Festival Enfocus da Universidade Latina de Costa Rica e Fernando Gómez, coordinador de Suroscopia na Universidade de Córdoba. Xuntos fixeron un repaso polos principais certames e encontros cinematográficos que se realizan no ámbito académico.

C123

Última xornada do Foco Juan Soto

Esta tarde, ás 17:00 horas no Auditorio, tivo lugar a segunda xornada do Foco Juan Soto, o ciclo de cinema dedicado á obra deste director colombiano.

Máis proxeccións

Pola tarde exhibíronse 20 curtos que aspiran ao concurso, entre as proxeccións que se realizaron no Auditorio e a Casa da Cultura.

Ás 18:45 horas comezaron no Auditorio as proxeccións das obras incluídas na categoría Horizontes. Esta incide na idea do horizonte como liña imaxinaria e invisible, afastada e inalcanzable, de gran violencia emocional e simbólica como metáfora da migración. Doutra banda, o horizonte como liña que separa o aquí do alá, como unha sorte de fronteira entre onde estamos e calquera outro lugar.

Na terceira xornada deste ciclo que pretende realizar unha sinxela aproximación a algúns dos directores que marcaron a Nouvelle Vague.

Á mesma hora, pero na Casa da Cultura, comezaron as proxeccións da categoría Nova. Esta alberga curtos que non tiñan cabida nas temáticas categorizadas. Recompila filmes contemporáneos, cinema de autor e obras que non se rexen por formatos industriais comerciais.

Tamén ás 20:30 horas, na Casa da Cultura, arrincou o visionado de cinco curtos incluídos na categoría Outra Mirada, dedicada ao entroido no seu máis amplo sentido.

Proxección no ciclo Nouvelle Vague

Na terceira xornada deste ciclo que pretende realizar unha sinxela aproximación a algúns dos directores que marcaron a Nouvelle Vague, esta tarde proxectouse O desprezo (Lle mépris, Jean-Luc Godard, 1963) – 104'.

Os críticos de cinema Nicolas Azalbert e Víctor Paz foron novamente os encargados de presentar a película e comentar os aspectos determinantes da mesma.