Inaugúrase un taller-museo sobre o oficio da oleiría en Maceda

nm jn
Inaugúrase un taller-museo sobre o oficio da oleiría en Maceda

O acto estivo organizado pola familia Carrera Conde en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera.

O pasado venres, día 14 de abril ás 17:30 horas, tivo lugar a inauguración da nova Oleiría do Batán, un museo-taller para poder ver a oleiría típica de Tioira –en Maceda–. O acto estivo organizado pola familia Carrera Conde en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera.

hjbjb

Acudiron ao redor de 400 persoas ao longo da tarde, que puideron ver de primeira man como se traballa o barro. Houbo tres "oleiros" traballando simultaneamente –dous fillos e un neto de Manuel Carrera–. Todos os asistentes puideron desfrutar da proxección dun vídeo que mostraba a Manuel Carrera facendo unha ola.

Todos os asistentes puideron desfrutar da proxección dun vídeo que mostraba a Manuel Carrera facendo unha ola.

Tamén tivo lugar unha pequena mostra de cacharros feitos por Manuel Carrera e Agustín de Niñodaguia: un mazo e o pisón –utilizado antigamente para mazar o barro–; dúas rodas manuais e dúas eléctricas e a vella amasadora da alfarería de Manuel Carrera.

Unknown

Todos os nenos que asistiron á inauguración foron obsequiados cunha xarra elaborada na nova oleiría. Tamén se convidou a algún dos asistentes a probar as súas dotes alfareiras. Os organizadores agradecen as axudas do concello e dos veciños para o desenvolvemento deste acto.