Indignación dos veciños de Baltar

Parque eólico da serra de Larouco
Indignación dos veciños de Baltar

Hoxe o DOG publica a orde de exposición ao público do proxecto do parque eólico no Larouco

Esta tarde a indignación dos veciños de Baltar era moi grande. O que se temían, que a empresa PE Tramontana S.L. non atendera as queixas dos veciños e afectados pola inminente instalación de 8 torres eólicas na Serra do Larouco que afectará non solo aos veciños de Baltar, se non tamén aos concellos de Cualedro e Xinzo.

TORRES DE 94 m.

No proxecto que se pon no día de hoxe a exposición pública para alegacións pretenden instalar 8 aeroxeradores de 94 mt de alto con un diámetro das aspas de 112 mt. Cada aeroxerador terá unha potencia de 3,3 MV.

A produción media anual será de 88.962,9 MWh/ano.

O prazo de execución das obras será de 12 meses. O prazo de alegacións será de 30 días a partir de mañá e parece que a empresa ten presa por comezar as obras.

Plano dos aeroxeradores a instalar
Plano dos aeroxeradores a instalar

Solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública

O procedemento será declarado no seu momento pola Xunta de Galicia de urxente ocupación e como proxecto de interese autonómico.

ACORDO do 18 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Tramontana, situado nos concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia, provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/030)

No seguinte enlace poden ver toda a información do proxecto e dos informes de impacto medioambiental.

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion