Inesperados Campións

IMG-20171104-WA0000
Inesperados Campións

Dezaseis parellas comezaron o primeiro campionato de tute do afamado Bar Monforte na noite do venres e preto das catro da madrugada de hoxe sábado , Carlos e Justo fixéronse co prezado trofeo da paleta de porco celta e co non desprezable premio en metálico de 300 €.

DA ESCOLA DE MORGADE

Aínda que residentes na vila, Carlos e Justo trasladáronse fai anos os campos de adestramento de Morgade onde os fins de semana levan a cabo as súas estratexias ante veteranos dos que saben sacar todo a súa experiencia acumulada.

Aínda que faltaran algunhas parellas da mesma escola, por non poder facer o desprazamento, non fai que o trofeo acadado fora menos disputado. Xa o principio da noite demostraron o seu \“saber estar\” nesta clase de campionatos, deixando en fora de xogo a súa primeira parella en varias ocasións con tiros que \“entraban chorando\”, pero que a postre valían puntos, desconcentrando e ata as veces desesperando aos seus adversarios.Nesta primeira partida estivo presente para darlle confianza un dos seus adestradores veteráns.

Parabéns aos campións que xa o ano pasado se alzaron co trofeo no campionato das festas de Morgade, o seu lugar de adestramento.