O "infantís" do Carlos Casares vanse de recollida de patacas

527
O "infantís" do Carlos Casares vanse de recollida de patacas

Os nenos de Educación Infantil de 4 anos viviron unha xornada de aprendizaxe fora das aulas ,na que a protagonista foi o produto estrela da LIMIA, "A PATACA".Iniciaron a xornada coa visita o Centro de desenvolvemento agrogandeiro de Xinzo de Limia, logo desprazáronse ata unha Leira experimental deste centro do INORDE-DEPUTACIÓN PROVINCIAL na Lagoa de Antela onde os cativos recolleron as patacas despois de ver como eran arrancadas.

528Tamén tivemos oportunidade de visitar un horto ecolóxico na mesma leira e por último desplazáronse ata a fábrica de patacas fritas Jaly´s para ver o proceso de preparación que seguen as Patacas fritas dende a leira ata a bolsa que mercamos no súper....A actividade tivo un gran éxito entre os cativos.