Os infantís do CEIP Carlos Casares foron peregrinos por un día percorrendo un tramo da Vía da Prata

camino5
Os infantís do CEIP Carlos Casares foron peregrinos por un día percorrendo un tramo da Vía da Prata
PEREGRINANDO A MODIÑO FACEMOS O CAMIÑO

O alumnado de infantil do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia participa na edición VOZ NATURA 2021 adicada este ano a fomentar actividades de protección e recuperación do entorno natural do Camiño de Santiago.20210528_115701

O camiño virtual foi a idea que tivo o alumnado de infantil de tres e cinco anos para chegar de Xinzo de Limia ata Santiago de Compostela seguindo a VIA DA PRATA. Á súa maneira e no patio do centro fan os quilómetros que marca cada etapa nunha das horas de psicomotricidade.

Antes de rematar o curso programouse unha saída co alumnado de cinco anos para facer a pé un anaco do camiño que pasa pola vila de Xinzo de Limia ata o albergue de peregrinos, acompañados polas súas mestras e por membros de Protección Civil de Xinzo de Limia e da DGT de Ourense, que o chegar a o Parque Da Pantalla fíxose entrega da Limiana a credencial do camiño en Xinzo de Limia a cada un dos rapaces que participaron no percorrido.

En todo momento estiveron colaborando os membros de Protección Civil de Xinzo.

20210528_11562720210528_11501920210528_1204201