Os inocentes fomos todos os demais

Os Inocentes fomos nos
Os inocentes fomos todos os demais

Raquel, Lucía, Sali, Mónica e Estrella foron as estrelas que levaron a INOCENTADA máis aló das 10 da noite

17.774 persoas interactuaron na páxina de dendealimia nas dúas noticias, o avance das 00:00 e na propia noticia de onte 28.12 (Día dos inocentes).

Como todos os anos dende a súa fundación fixo onte 11 anos o dendealimia ven agasallando aos seus lectores cunha ou varias noticias INOCENTADAS no noso cumpre.

7
Tarde para as primeiras compras urxentes

Este ano, cando xa tíñamos ideada a correspondente ao 22 un grupo de señoras da vila, encabezadas por Sali ofrecéronse para ser elas as inocentes. A idea e a montaxe xa estaba feita, nos solo tivemos que executala.

17.774 PERSOAS ALCANZOU A NOTICIA, ENTRE ELES ALGÚN BANCARIO

A partir das 00:00 cando comezou o xogo máis de 17.000 persoas interactuaron coa noticia. A cada hora que pasaba as anécdotas fóronse sucedendo e os teléfonos das “agraciadas” botaban lume. Temos que dicir que algún marido, chamou ao dendealimia para corroborar as sospeitas de que era unha inocentada, ante a imposibilidade de conectar coa súa muller, por estar traballando. A dúas das compoñentes tamén se dirixiron directores de banca para ver si “collían cacho”.

UN MARIDO "MOSCA" CHAMOU A REDACCIÓN DE DENDEALIMIA PARA CORROBORAR A NOTICIA

Pero a cousa non rematou aquí. As “agraciadas” non tiveron outra idea que continuar coa inocentada escenificando a “tarde de Shopping” que levarían a cabo, se a cousa fose verdade. Pódenas ver no seguinte enlace.

6
Que non falte un bo xamón

Raquel, Lucía, Sali, Mónica e Estrella queren agradecer a todos os seus bos desexos e parabéns a todas as persoas que colaboraron coa inocentada, non querendo en ningún momento ofender a ninguén, e que non decaiga o bo rollo a pouco menos de un mes do Entroido.