O Inorde organizou está maña a Xornada para o impulso á dixitalización de pemes do Sector Agroindustrial

O Inorde organizou está maña a Xornada para o impulso á dixitalización de pemes do Sector Agroindustrial

Rosendo Fernández, Presidente do Inorde deulle a benvida aos ponentes e asistentes a esta primeira xornada

A xornada está enmarcada dentro das accións que o Inorde ten a desenvolver no proxecto europeo de Cooperación Transfronteriza 0574_RED_AGRICONETC4_0_6_E, no que participan os socios de: , a Fundación EOI FSP, a Asociación Empresarial Centro Tecnolóxico Agroalimentario “Extremadura”, o FEVAL Extremadura, a Associação de Desenvolvemento da Região do Alto Tâmega, e a incubadora de empresas IDDNET-Rede de innovación tecnolóxica.

                               Este proxecto no que se investirán 640.057 euros, ten como finalidade a integración nas PEMES de ferramentas dixitais como big data, intelixencia artificial ou Internet das Cousas, o que permitirá a xestión masiva de información, mellorar a eficiencia, maior automatización e personalización de produtos e servizos na rexión transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e Extremadura-Alentejo-Centro, para aumentar a súa competitividade e capacidade exportadora, creando ademais redes de colaboración empresarial a ámbolos lados da fronteira.

A xornada de hoxe serve como presentación ás empresas dos beneficios da dixitalización e do programa de formación que se vai impulsar co obxecto de que as empresas obteñan un diagnóstico, un plan específico e un acompañamento por parte de asesores expertos, durante o proceso de dixitalización.

despois da benvida do Presidente do Inorde, fíxose un breve repaso ás actividades que se van a desenvolver no proxecto, por parte da técnico do Inorde, Rocío Gómez, para logo afondar no que vai a consistir o Programa de dixitalización, a cargo do Director de Innovación, Emprendedores e pemes da Fundación EOI (Escola de organización Industrial ) do Ministerio de Industria Comercio e Turismo. como parte de casos de boas prácticas, o responsable de sistemas de Viña Costeira, Iago Fernández e a responsable de A Boa Migalla, Sofia Godoy, fixeron unha reflexión sobre a aplicación da dixitalización nas súas empresas o que logo deu paso a un debate no que o Secretario da IXP Castaña de Galicia, Manuel López, falou das empresas de castaña en Galicia, máis concretamente en Ourense.

O paso seguinte será elaborar un listado con todas as empresas agroindustrias da provincia que poidan estar interesadas neste Programa de formación para comezar no ano 2020.