Interesante Xornada de carreiras estivais para o día16 de xullo a partir das 17:30 horas

2
Interesante Xornada de carreiras estivais para o día16 de xullo a partir das 17:30 horas

Xornada intensa con 6 carreiras en disputa

Iníciase a tarde con 2 carreiras de trote .O Premio Autobuses Chairo ás 17:30 h. cun favorito a priori VOSKI da cuadra Exposito.

Mais aberta será a segunda carreira de trote cunha clara disputa entre os dous favoritos Quaras e Quassia.

2O galope iníciase ás 18:50 h coa carreira de cabalos Árabes,que buscan unha vitoria para entrar nos grandes premios.Difícil predicir un gañador,pero sen dúbida Twom Ledesma ou Revoltosa Cid estarán na chegada.

Carreira de transición para cabalos ingleses ás 19:30 h con 5 participantes, entre os que destaca Barbe a Box para gañar. Ás 20:10 h a proba raíña do día O Gran premio para cabalos Árabes(Asociación Gallega de Criadores de Cabalos Árabes) con 6 aspirantes para poñer o seu nome no historial desta proba que vai xa ,pola súa 3ª edición. Cardali,Sal Alem ou Syrah de seguro estarán loitando por chegar o primeiro. Esta proba terá distancia de 1600 m.

Para pechar o día unha proba para a canteira do Hipódromo. Os ponis, cun claro favorito Madoock. Toda unha tarde de paixón ecuestre,para gozar do verán na Limia. Como é costume nos dias de carreira haberá o sorteo ao final do xamón de Adega de Serra do Larouco.

Para completar coa xornada Festiva das Festas de Santa Mariña do Concello de Xinzo.