INTERVENCIÓN SOCIOSANITARIA E EDUCACIÓN INTEGRAL PARA A SAÚDE NA ZONA RURAL

PROGRAMA PACIENTES MEDICAMENTOS_1
INTERVENCIÓN SOCIOSANITARIA E EDUCACIÓN INTEGRAL PARA A SAÚDE NA ZONA RURAL

PRÓXIMO CURSO TALLERES PACIENTES E MEDICAMENTOS

O luns 27 de marzo dará comezo na Casa de Cultura de Xinzo de Limia un curso de formación dirixido á cidadanía en xeral e especialmente a profesionais dos coidados, a familiares de persoas dependentes e a enfermos crónicos.

O curso, organizado pola Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia, realízase coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia e estrutúrase cun formato eminentemente práctico e participativo;

A coordinadora manifestou que o obxectivo dos talleres é capacitar a pacientes e cidadanía en xeral para, de maneira activa, promover unha asistencia sanitaria máis segura e de calidade, aumentando os seus coñecementos sobre aspectos concretos relacionados coa prevención, a seguridade do enfermo e o uso adecuado dos medicamentos.

Os talleres desenvolvésense durante seis días na Casa da Cultura de Xinzo e serán impartidos por dúas farmacéuticas comunitarias de Xinzo de Limia, Ana Fdez Orcajada e Elena Rdguez Villarino, así como por enfermeira de Atención Hospitalaria de Ourense, Elisa Cadaya.

Todos aqueles que teñan interese en participar poden poñerse en contacto a través do teléfono 603784435, do correo escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es ou facer a inscrición na aula, de luns a venres en horario de 10 a 13h.

Existe a posibilidade de inscribirse no curso completo ou ben naqueles talleres aos que se desexe asistir.