José Mota cruzou o río Lethes onte en Xinzo
12:43 31/05/23
12:43 31/05/23
Acompañado por unha lexión de Cívitas Limicorum
Onte Xinzo converteuse unha vez máis nun plató de cine. Esta vez a productora “La sombra estudios” estivo gravando un programa chamado “Programa tren de vida” e o capítulo que levará o título de “A Galicia voy”, que contou co actor José Mota.

Na gravación, na que se pasou o río Lethes “Limia” acompañaron ao actor compoñentes dunha lexión romana representativa da festa do Esquecemento de Cívitas e tamén membros da charanga “Achicoria”.
Non faltaron os especialistas, que nesta ocasión os puxeron membros de Hípica Celta.
O programa, ou serie, aínda non se sabe en que cadena ou plataforma se vai a emitir.