Lanternas de luz branca e laranxa para aprender técnicas de fotografía nocturna da man de Mario Rubio

mr 1
Lanternas de luz branca e laranxa para aprender técnicas de fotografía nocturna da man de Mario Rubio

O obradoiro fotográfico vai ter lugar o vindeiro sábado 19 de setembro na Ribeira Sacra

Fotógrafos da Limia, a Agrupación FotoSíntese de Ourense organiza un Obradoiro de Fotografía Nocturna con Mario Rubio, un dos grandes especialistas na materia que hai en España.

Quedan as últimas prazas para este curso que vai ter lugar o 19 de setembro no Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, no mosteiro de San Pedro, concello de Esgos. Se queren anotarse deben facelo a través do enderezo fotosintesisourense@gmail.com.

Contando coa presenza deste profesional da imaxe, está programada tamén unha conferencia de libre asistencia ás 12 horas, dese mesmo día, no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense.

Mario Rubio é coñecido como o "fotógrafo nocturno". Malia que é diplomado en Linguas Extranxeiras pola Universidade de Castela a Mancha en 2002, a súa paixón é a fotografía. Dende o 2009 leva impartidos máis de 400 cursos e feitas numerosas exposicións por todo o mundo. Mesmo escribriu un libro "El fotógrafo de la noche". Toda a información sobre este artista pódena atopar en www.fotografonocturno.com.

Contando coa presenza deste profesional, quenes se anoten ó obradoiro poderán formarse nas técnicas da fotografía nocturna, equipación que se precisa, como iluminar unha escea para encadrar e compor unha imaxe ou mesmo o tipo de medición preciso para sacar fermosas fotos de noite.