Lectura intencionada da Xunta de Galicia sobre senllos escritos recibidos do MITECO e da CHMS
A Conselleira de Medio Ambiente co ánimo de tapar o seu inacción, ata pasados 70 días do aviso da empresa concesionaria, interpreta erroneamente o artigo 55 da Lei de Augas que debería de coñecer
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ( MITECO) responde a nota de hoxe da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
“É a confirmación da manipulación constante da Conselleira con respecto á realidade nun novo exercicio de escapismo das súas propias competencias para actuar” incidiu Quiroga. “Se na resposta do MITECO e na da CHMS falabamos da reforma ou adecuación do articulo 55 da Lei de augas para evitar estes episodios, é a proba palpable de que, ata a entrada en vigor da nova normativa, non será aplicable ás baixadas de cota nos encoros de uso exclusivo hidroeléctrico, como son os catro encoros en cuestión situados na demarcación do Miño-Sil”, explicou o presidente.
Neste sentido, o MITECO foi moi áxil na súa tramitación normativa para evitar situacións deste tipo e, hoxe mesmo, publicou no BOE o RDL 17/2021 que, no seu artigo 10, “Modificación do texto refundido da Lei de Augas.”, habilita mecanismos para evitar estes baleirados, e que entrará en vigor mañá xoves, 16 de setembro:
https://www.boe.es/diario_ boe/ txt. php?ide=BOE-A-2021-14974
“As necesidades ambientais e sociais dos territorios requiriron a corrección destas situacións de baleirados moi acusados, co interese de preservar o medio ambiente e potenciar o desenvolvemento sostible, pensamos que actuar en lugar de falar sen sentido é a clave para solucionar unha situación que nos preocupa ao conxunto da sociedade”, concluíu o presidente