A Limia acolle actividades deportivas e talleres sobre móviles para os maiores de 65 anos

señoras
A Limia acolle actividades deportivas e talleres sobre móviles para os maiores de 65 anos

A Cruz Vermella organiza un conxunto de actividades de balde para os máis maiores

A Cruz Vermella de Xinzo de Limia organiza un conxunto de actividades pola contorna dirixidas ós máis maiores. No mes de abril ofertan novos talleres de animación e memoria que van ter lugar en Rebordechá tódolos martes. Nestas xornadas os participantes poderán estimular o seu corpo e a súa mente de maneira lúdica. Esta tarde terán unha primeira xuntanza na escola a partir das 17h.

Coa chegada da primavera chegan tamén as actividades como a ximnasia de mantemento en Piñeira Seca e Ganade. A intención é reforzar cos máis maiores a importancia de estar activos a través de exercicios e xogos acompañados de música.

Para saber máis sobre este taller terá lugar unha reunión informativa que se vai celebrar o 8 de abril ás 18h no centro social de Piñeira Seca, e en Ganade o 12 de abril ás 18h tamén no centro social.

En Xinzo terá lugar un taller sobre móviles a partir deste mes. As persoas que se anoten poderán traballar conceptos básicos sobre o manexo destes aparellos. Para garantir unha correcta aprendizaxe, levaranse a cabo con grupos reducidos dun máximo de 5 persoas. As primeiras xornadas deste mes serán os días 12 e 13, dende as 10.30h ata as 12.30h.

A Cruz Vermella incorpora estes novos cursos pero continúa con outros que xa forman parte da súa programación como son o taller de calceta e ganchillo que ten lugar tódolos luns. Así mesmo segue o de animación e memoria tódolos xoves no centro socia de Xinzo.

Para anotarse a calquera destas actividades poden chamar ó 988 46 25 41 ou acudir á Av. De Ourense Nº 19 (Estación de autobuses) en horario de mañá. As actividades son todas de balde por iso se precisa de inscrición previa.