A Limia estará presente no Salón Gourmets 2022

Foto arquivo
A Limia estará presente no Salón Gourmets 2022

“A Vaquería”, “Postoiro SCG” e “Patatas Ama”

gourmets 2022
gourmets 2022

O Inorde levará a 12 micro empresas como coexpositores na Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade que se celebrará do 25 ao 28 de abril en Madrid

A provincia de Ourense participará, por primeira vez, no Salón Gourmets 2022, a través do Inorde que levará a 12 micro empresas como coexpositores nesta Feira de Alimentación e Bebidas de calidade, que se celebrará no recinto feiral de IFEMA, Madrid, desde o 25 ao 28 de abril de 2022.

Esta iniciativa encaixa na aposta que “estamos a facer desde o goberno provincial a prol do sector primario da nosa provincia, neste caso non só servindo de paraugas para que as empresas -presentadas á convocatoria que regulou a súa participación- poidan expoñer os seus produtos, senón tamén para promocionar a nosa provincia como destino enogastronómico de calidade, nun foro de tanta relevancia e prestixio como é Salón Gourmets”, dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

O stand do Inorde está deseñado con doce módulos para que cada unha das empresas participantes poidan expoñer e promocionar os seus produtos. Ademais, haberá un espazo habilitado para que os produtores ouresáns poidan manter reunións de traballo con outras empresas do sector facilitándolle a posibilidade de que establezan novas relacións comerciais.

Coexpositores

gourmets 2022
gourmets 2022

O sector cárnico e de horta estará representado por “A Vaquería” de Baltar, que levará a Gourmets a súa carne de tenreira 100% galega. Os produtos de horta chegarán da man de “Postoiro SCG” de Vilar de Santos que promocionará cebolas, cabaza, brócoli, repolo e pataca. E, de Xinzo de Limia exporá un dos produtos máis representativos desta comarca e da provincia de Ourense: a pataca.