sábado 22/1/22
Fotografías da lúa máis grande

A Limia puido contemplar a lúa máis grande dos últimos 70 anos

Dende A Limia puido tomar imaxes deste evento cas único que non se volverá vivir até o vindeiro 25 de novembro do 2034.

A lúa máis grande dos últimos 70 anos.
A lúa máis grande dos últimos 70 anos.

No día de onte, luns 14, púidose ver a lúa chea máis próxima á Terra e, xa que logo, a máis grande dos últimos 70 anos. Así, non chegará a verse unha lúa con características similares ata o 25 de novembro de 2034, sendo a deste mes, a máis grande ata a data no século XXI, segundo informa a NASA.

Visión nocturna de Xinzo de Limia dende a Torre de Pena.

A órbita elíptica do satélite, producindo que a Terra se atope a máis de 48.000 quilómetros do seu punto máis afastado, permitiu ver a lúa un 14% máis grande e un 30% máis luminosa do habitual. Un fenómeno que non ocorría desde 1948.

Panorámica da

Con todo, a desta noite non foi a última superlúa, ou 'lúa de perixeo', que se producirá ao longo deste ano, xa que, aínda que en menor intensidade, o próximo 14 de decembro poderase apreciar de novo este fenómeno. O pasado 16 de outubro tamén se observou unha superlúa. A Lúa alcanza a seu "perixeo" ou punto máis próximo á Terra cada 27,55 días, pero tres ou catro veces ao ano achégase máis do habitual, coincidindo coa lúa chea.

Unha imaxe que non se volverá repetir até dentro máis de tres décadas.

Comentarios