A Limia, por todo o alto, no Salón Gourmets 2022 en Madrid

Expositores da Limia coa xerente do INORDE
A Limia, por todo o alto, no Salón Gourmets 2022 en Madrid

A Vaquería de Baltar coa carne de tenreira 100% galega; Postoiro SCG de Vilar de Santos con productos da horta; e Patatas Ama de Xinzo de Limia.

A provincia de Ourense comeza desde hoxe a promocionar a súa calidade agroalimentaria na 35ª edición de Salón Gourmets.

O Inorde participa, por primeira vez, nesta feira de alimentación e bebidas de calidade, con 12 micro empresas como coexpositores que estarán ata o 28 de abril expoñendo os seus produtos.

gourmets 2
Amador Díaz atendendo ao público

A xerente do Inorde, Emma González, estivo hoxe en IFEMA, Madrid, na inauguración deste Salón, no que participamos co obxectivo “de promover accións que impulsen os produtos agroalimentarios que xeran valor engadido ao territorio e facilitar plataformas de promoción aos produtores que lles permitan diversificar as canles de comercialización”.

Coexpositores

As empresas que están co Inorde no Salón Gourmets 2022 como coexpositores pertencen a diferentes sectores agroalimentarios entre as que se atopan tres representativas do agrogandeirismo da Limia:

Neste edición están presentes máis de 1.600 expositores con 40.000 produtos e 70.000 profesionais que participan para informarse das novidades do sector na súa 35 edición, a terceira máis importante da súa historia.

A Vaquería de Baltar coa súa carne de tenreira 100% galega; Postoiro SCG de Vilar de Santos con produtos de horta; e, por último, Patacas Ama de Xinzo de Limia.