Loita contra o "feismo" na Limia Baixa

Visita do delegado da Xunta a Lobeira
Loita contra o "feismo" na Limia Baixa

A Xunta concede aos concellos de Bande, Lobeira, Lobios e Muiños máis de 60.000 €

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ata o concello de Lobeira para anunciarlle ao seu alcalde, Antonio Iglesias, que este municipio é un dos beneficiarios da última convocatoria da orde de axudas dirixida ás entidades locais para emendar e corrixir impactos paisaxísticos na contorna. En concreto, o concello ourensán recibirá unha achega de 16.193 euros para a mellora do edificio de Protección Civil, no que se prevén arranxos na fachada e na cuberta.

110522 Lobeira 1

O delegado territorial explicou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver a convocatoria de 2022 da orde de axudas para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos públicos municipais, unha medida impulsada pola Xunta no marco da súa aposta polo fermosismo.

Os outros concellos que recibiron cartos para a loita contra o "feismo" son Bande...5.182 € Lobios...20.000 € e Muiños...18.946 €