A loita contra o fraude, será unha das accións primeiras a levar a cabo por este novo concello regulador.

Jose M. Gómez "Cazolas"
A loita contra o fraude, será unha das accións primeiras a levar a cabo por este novo concello regulador.

Jose M. Gómez presentou un decálogo de intencións a levar a cabo durante o seu mandato, decálogo que foi aprobado por unanimidade.

O presidente do consello, despois da aprobación de todos os puntos da orde do día prioritarios por organización do mesmo presentoulle aos vocais do mesmo unha serie de medidas e intencións que pretenden que sexa o eixo vertebrador deste novo consello durante os próximos catro anos. Todas as súas propostas foron aprobadas polos membros.

Reunión do Consello presidida por José M. Gómez "Cazolas"

A primeira das medidas propostas fai referencia ao control da calidade do produto, darlle máis visibilidade, unha vez que a pataca amparada pola Indicación Xeográfica, está moi por encima dos estándares esixidos, e iso hai que facerllo chegar ao consumidor. Facer unha promoción xenérica e atraer a novos produtores para que aposten cada vez máis pola calidade que por a cantidade. O valor engadido polo noso produto ven pola calidade que será o que vai a revalorizar o produto e as explotacións. Todos os membros presentes deste consello así o entenden tamén e loitarase por ese obxectivo, manifestou o presidente.

Outro dos cabalos de batalla desta etapa será a loita contra o fraude que se produce constantemente. Non podemos permitir, por exemplo que no mes de xuño se este vendendo pola costa coa denominación por exemplo de “pataca da Limia”, cando nesas datas algúns produtores aínda non as sementaron. Hai moita xente que está vendendo esas patacas dicindo que son da Limia ou Coristanco, e a saber de onde veñen.

FORMACIÓN PARA TODOS.

Outra das propostas vai a ser o tema da formación. Neste momento xa entrou unha nova PAC que vai ata o 2029 e que case ninguén neste momento sabe por onde vai a ir, nin os propios técnicos redactores. Bruxelas lexislase para toda Europa e Andalucía non ten nada que ver neste tema con Galicia. Para isto necesitamos dar ,moita formación e información para que cada vez máis se produza ecoloxicamente.

Por último e como última proposta, o presidente propuxo dirixirse a todas as portas posibles, deputacións etc., para solicitar axudas para o consello, sobre todo aproveitando o momento preelectoral no que nos encontramos.

Así mesmo o presidente comezará a viaxar as outras zonas produtoras de pataca amparadas pola IXP, Vilalba, Coristanco e a Mariña lucense, unha vez que neste non teñen representación neste novo consello, cuestión que persoalmente non entende, pero que el quere ofrecerlle todo o apoio necesario que precisen.