Luis Villares visita Xinzo este venres para manter un encontro coa cidadanía

villares
Luis Villares visita Xinzo este venres para manter un encontro coa cidadanía

Estarán presentes Xosé Manuel Beiras, Ánxeles Cuña e Davide Rodríguez

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia por En Marea, Luís Villares, visita Xinzo este venres. Manterá un encontro coa cidadanía un día despois de que comece a campaña electoral.

Estará acompañado polo membro da coordinadora En Marea, Xosé Manuel Beiras, a cabeza de lista por Ourense, Ánxeles Cuña e o número dous da candidatura, Davide Rodríguez.

O acto terá lugar ás 20.30h na Praza de San Roque e estará presentado pola número 5 da candidatura ourensá, Manuela Pérez.

Baixo o lema "un país xusto" En Marea percorrerá diversas localidades de Galicia durante a campaña electoral.