Luis Villares visita Xinzo para manter un encontro coa xente da Limia

villares
Luis Villares visita Xinzo para manter un encontro coa xente da Limia

O candidato de En Marea á Xunta de Galicia visita Xinzo de Limia para manter un econtro con todas aquelas persoas que queiran coñecer de preto as súas propostas. O lugar será o restaurante Novo Frita situado na Rúa do Toural de Xinzo de Limia, a partir das 20.30h deste xoves 25 de agosto.

O xuíz Luis Villares é o único aspirante á Presidencia da Xunta de Galicia por En Marea que recibiu o apoio de 8.804 persoas nas primarias que se acaban de celebrar.

Deixa temporalmente o seu traballo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para centrarse nun proxecto político que busca retirar ó PP da presidencia da Xunta. A súa campaña vaise centrar sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, pois, en palabras do propio Luis Villares, " os resultados do interior van ser definitivos para apuntalar a maioría social".

Un dos eixes do programa de En Marea vai ser a creación dunha banca pública e crear un grupo lácteo galego. Villares destacou nun medio de comunicación que outra das actuacións que levarán a cabo se gañan as eleccións, será que o Igape se empregue para canalizar as inversións dende a mencionada entidade financieira pública.