Este luns comeza a campaña de vacinación contra a gripe na Limia

vacuna-de-la-gripe
Este luns comeza a campaña de vacinación contra a gripe na Limia

Por diante hai dous meses para poder por a vacina

Sanidade pon en marcha a campaña para vacinarse contra a gripe que durará dous meses, ata o 19 de decembro. Trátase de minimizar o impacto do virus a través da prevención. Con tal fin, as persoas que queiran por a vacina deberán solicitar cita de xeito habitual no centro de saúde. O SERGAS apunta que as persoas de maior risco son os maiores de 65 anos, as embarazadas e persoas con enfermidades cardiovasculares e respiratorias. Outro dos obxectivos desta campaña é a vacinación entre o persoal sanitario, agárdase acadar ó 35% de traballadores de atención primaria e a especializada. O pasado ano a campaña de vacina alcanzou unha cobertura do 52,4%, este ano Sanidade busca que sexa do 65%.

A campaña conta cun orzamento total de 2 millóns de euros e será de balde para as persoas maiores de 60 anos. Dende o SERGAS sinalan que teñen oito semanas para acudir a por a vacina e pídenlle á xente que non sature os centros sanitarios nos primeiros días, evitando así as aglomeracións.