O luns decidirase o día do pleno da reprobación

87
O luns decidirase o día do pleno da reprobación

Segundo declaración do concelleiro Luís M. Gil a outro medio de comunicación , o luns haberá unha comisión de goberno extraordinaria para decidir o día que o alcalde convocará o pleno extraordinario a petición de todos os grupos da oposición, na que solicitarán a renuncia do rexedor.

Ata este momento o Alcalde non fixo ningunha declaración ao respecto.

APOIO INCONDICIONAL

Os que so fixeron declaración foron varios concelleiros, unha vez no seu nome propio e outras en nome do grupo, no que transmiten que a unión de todos os concelleiros do PP, están unidos e sen fisuras no apoio incondicional a Antonio Pérez.