Luxury Estilistas acolle as últimas novidades en recollidos para noivas e invitadas de cerimonias
O salón de peiteado de Xinzo ten horario de luns a domingo para ocasións especiais como vodas
A estas alturas do ano é cando comeza a tempada forte de vodas, bautizos e comuñóns. Por esta razón os salóns de peiteado póñense ó día nas novidades do sector.
Asi é como traballan en Luxury Estilistas onde os recollidos son unha das súas especialidades tal e como sinala María Freiria, dona do local situado en plena Praza Maior de Xinzo.
Este ano lévanse os adornos florais no cabelo.
Os peiteados non son só para mulleres tamén os homes teñen a oportunidade de peitearse para ocasións especiais e en horario asequible, de luns a sábado e si a ocasión o require, domingo tamén se traballa en Luxury.
A maiores ofrecen servizos de estética, depilacións, manicuras ou tratamentos de cabelo así como maquillaxe. Todo o preciso para que noivos, rapaces ou invitados estean perfectos para acudir ás cerimonias.
Por suposto en Luxury seguirán coa súa colaboración coa iniciativa de Mechones Solidarios para contribuír a devolverlle o sorriso ás persoas enfermas de cancro. Aqueles que o desexen poden doar o cabelo de 20 centímetros de longo ou máis, o que se lle vaia cortar, para que a asociación poida fabricar perrucas.