Luxury Estilistas festexa 9 anos de vida en Xinzo

l1
Luxury Estilistas festexa 9 anos de vida en Xinzo

María Freiria foi unha emprendadora que montou o seu negocio con 18 anos

Nove anos pasaron dende que María Freiria abriu o seu salón de peiteado en plena Praza Maior de Xinzo. Os comezos sempre son complicados para calquera negocio e máis cando te lanzas ó mundo da empresa coa maioría de idade recén cumplida. Con todo, María celebra orgullosa estes 9 anos, "síntome cada día con máis ganas e ilusión por cumprir outros 9 anos máis, quen me ía decir cando abrín o negocio que estaba morta de medo e aquí sigo con ganas de seguir a aprender cousas novas día a día", apunta a propietaria de Luxury.luxury 1

María conta coa axuda de Sandra Atanes e xuntas tratan de reinventarse e buscar novidades para agradar a súa clientela á que lle teñen un especial cariño. "Temos unha clientela fiel e maravillosa e sen eles non sería posible, sempre presumo de ter os mellores clientes e que nos fan pasar moi bos momentos", recalca María cun sorriso.

Este xoves é o día no que están de aniversario e o salón de peiteado vaino festexar convidando a café e algún petisco, a todos aqueles que se acheguen dende mañá ata o sábado.

Luxury Estilistas seguirá póndose ó día das últimas tendencias para ofrecer unha ampla variedade de servizos á súa clientela que van máis alá de cortar o cabelo, como depilacións, maquillaxes especiais ou manicuras.

Por suposto seguirán coa súa colaboración coa iniciativa de Mechones Solidarios para contribuír a devolverlle o sorriso ás persoas enfermas de cancro. As persoas que o desexen poden doar o cabelo de 20 centímetros de longo ou máis, o que se lle vaia cortar, para que a asociación poida crear perrucas.