Os magnolios da praza xa esta´n a tratarse contra o mildiu

IMG_20180609_143819
Os magnolios da praza xa esta´n a tratarse contra o mildiu

Técnicos fitosanitarios do Concello de Xinzo, xunto co concelleiro de urbanismo Ricardo Sieiro, valoraron o estado dos magnolios da praza Maior.

Estas árbores, tan significativas para o pobo e, máis particularmente, para a Praza Maior, sofren da típica enfermidade que tamén padecen as viñas, chamada mildiu. Ou concelleiro asegura que este padecemento dos árbores está xustificado como consecuencia dos cambios climáticos tan extremos que Xinzo está a sufrir esta primavera, pero asegura que os magnolios xa están en tratamento cun produto antimildiu que permitirá que as árbores volvan lucir como sempre.