MAGOSTO COLABORATIVO EN XINZO

Membros das entidades que colaboradoran na organización do magosto
MAGOSTO COLABORATIVO EN XINZO
O sábado 5 na Praza de Oriente organizado polo CIX e o CDR O Viso

O Centro de Información Xuvenil (CiX), dependente do CDR O Viso, organiza un magosto popular para o sábado 5 de novembro na Praza de Oriente, en Xinzo.

IMG-20221102-WA0006
IMG-20221102-WA0006

A organización do evento é colaborativa e son varias as entidades que traballan da man, principalmente organizacións que teñen no seu foco de acción á mocidade limiá.

Así, xuntáronse o Colectivo RAS, a Asociación Cultural O Bión, a Agrupación Xuvenil Galiza Nova, o bar Lulo e o CiX da Limia para ofrecer unha experiencia centrada nos xogos tradicionais, na grastronomía e sobre todo, na convivencia interxeracional.

O obxectivo é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social, finánciase esta actividade no marco dos fondos REACT-UE da Unión Europea e colaboran tamén negocios locais como a Imprenta Blanca ou a Praza de Abastos.

Agárdase que á convocatoria acudan cerca das cincocentas persoas.