O magosto do Concello ven con novidades

517
O magosto do Concello ven con novidades

A celebración, que comezara as 18:30h da tarde, contara nesta ocasión con varias novidades promovidas pola Concellería de Cultura e Turismo, que contribuirán a facer a xornada festiva mais participativa e amena. Entre estas novidades compre destacar que se ofrecera os asistentes a posibilidade de desfrutar dun mercadiño de produtos artesáns, ou de participar no campionato de de xogos tradicionais como o xogo da ra, o dos birlos, a porca, a chave, ou corda cedidos polo Cdr o Viso, que foron organizados e estarán coordenados pola asociación etnográfica O Bión.

Outra das novidades e, o San Martiño solidario, que dedicara o euro que custara cada menú que se sirva, a beneficio de Cáritas diocesanas, este menú estará composto por costela asada, chourizo, pan, viño da DO Monterrei, e as imprescindibles castañas asadas.

Por último, subliñar que toda a celebración estará animada musicalmente por seis grupos de gaiteiros, nunha foliada que percorrera as rúas do popular barrio dos viños, no que nos distintos e moitos establecementos de hostalería os hostaleiros serviran, xunto cos viños unha tapa de castañas asadas.