viernes 21/1/22
"O comercio non ten que pechar coas novas normas"- Pta. Prolimia

CONFUSIÓN COAS RESTRICCIÓNS DO COMERCIO A PARTIR DE MAÑÁ

A maioría dos comercios pecharon voluntariamente as 18:00 en Xinzo

Un 20% permaneceu aberto ata a hora habitual de peche

peche comercio
peche comercio

CONFUSIÓN COAS RESTRICCIÓNS DO COMERCIO A PARTIR DE MAÑÁ

Esta tarde, segundo comentan, comercios e establecementos varios comentaban que mañá tiñan que pechar os seus establecementos todo o día.

Concepción Conde, presidenta de ProLimia, acaba de confirma a dendealimia, que segundo a información que ela ten, a esperas do DOGA, o comercio minorista NON ten que pechar. Unicamente, segundo avanzamos aquí mesmo ten restricións de aforo ao 50%

Se as normas que mañá publicará o DOGA tendo como referente o que fixeron en Carballiño as normas que van a rexer son as seguintes:

.- A hostalería permanecerá pechada, podendo solo atender para enviar a casa ou recoller no local

.- O comercio minorista pode abrir coa única restrición do 50% de aforo

.- Peche total de espectáculos (Cine, teatro, deporte, feiras, bibliotecas

.- As xuntanzas serán con persoas convivintes.