miércoles. 17.08.2022

A maioría da hostalería de Xinzo parou

Máis de medio cento de persoas concentráronse  na praza Maior atendendo a chamada da asociación

IMG-20220328-WA0002
Lectura dona praza Maior

Xinzo foi a única vila da provincia de Ourense que secundou o peche da hostalería convocada a nivel autonómico.

Case todos os bares e establecmentos do centro da vila pecharon e acudiron as 12 do mediodía a concentración onde o representante, Alberto Rúa,  leu un manifesto no que entre outras cousas dicía que a situación era insostible polo aumento dos custes nas enexías.

Continuou manifestando que  por si fora pouco o peche masivo dos negocios durante a pandemia, agora pagamos a luz deste ano e do que estivemos pechados.

Rematado  o manifesto resoaron os aplausos de todos os presentes, entre os que se atopabaan representantes do goberno local e oposición.