A campaña de venta de patacas online dunha ducia de pataqueiros da Limia a través da empresa Patatas AMA segue en auxe.
Pales solo para Galicia
Nos catro primeiros días xa puxeron nos domicilios dos que compran por internet máis de 100.000 Kg.
Segundo comenta o xerente da mesma Amador Díaz a impresora so descansa unhas cantas horas pola noite. Onte tiveron que vir dous trailes para facer os portes aos domicilios, dos que destaca dúas cousas. A primeira é que as compras de Galicia supéranse cada día, e a segunda é que no día de onte tivo unha compra de dúas caixas de 20 K para un comprador de Xinzo.
Se segue este ritmo, a responsable da empresa de mensaxría MRW di que van a ter aumentar o persoal. Nestes dous últimos días as impresoras non paran e bolquéanse.