Máis de 150 persoas pasaron polo globo do comercio

IMG-20220416-WA0011
Máis de 150 persoas pasaron polo globo do comercio
Repartíronse vales de compra por valor de 1.000 €

Os premios voaron na Praza Maior de Xinzo de Limia. Neste emprazamento, máis de 150 vales para mercar no comercio local foron atrapados ao voo nunha bola xigante. Puideron acceder a esta instalación todos os clientes que nos últimos días demostraron a súa fidelidade co sector realizando compras por un valor mínimo de 20 euros. A campaña para incentivar o sector en Semana Santa e na que colaboraron Prolimia e o Concello foi todo un éxito e estímase que participaran máis de 1.000 persoas. En total, repartíronse 1.000 euros en premios.