Os máis cativos do Carlos Casares vanse de recolleita

20191022_124106(0)
Os máis cativos do Carlos Casares vanse de recolleita

OS COSTUMES DO NOSO ENTORNO

Esta semana os máis cativiñ@s do CEIP CARLOS CASARES desenrolaron unha actividade moi acorde coa época do ano na que nos atopamos: APAÑAR PATACAS.

As familias colaboraron aportando o material tan imprescindible en dita experiencia: AS PATACAS. Unha vez no cole, as mestras, procuraron simular unha leira tradicional recreando uns auténticos regos ben ateigados de patacas. Para recolleita tamén empregamos tractores con remolque conducidos polo noso alumnado.

Para rematar fixemos unha gran comilona na que todos xuntos puidemos disfrutar dunha vivencia diferente coa pretensión de poñer en valor e transmitir as tradicións do noso entorno.

20191022_12424320191022_13194420191022_124247

20191022_124524