Máis contedores e recollida na rúa Blanco Amor de Xinzo

IMG_20210223_205056[1]
Máis contedores e recollida na rúa Blanco Amor de Xinzo
O PP, levará estas peticións ao próximo pleno

O Grupo Municipal Popular rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo o seguintes acordos:

1.- Instar á Deputación de Ourense á colocación dos contedores de lixo necesarios tanto de orgánico como de cartón na Praza San Roque

2.-Instar ao Concello de Xinzo de Limia a mover a xardineira da rúa Branco Amor para que os camións de recollida de residuos podan xirar no cruce coa rúa Jesús Carlos Romero Nieto e colocar os contedores no punto onde se unen ambas rúas.

Moitas son as queixas da veciñanza e o comercio da rúa e Praza San Roque pola insuficiencia de contedores de lixo orgánico e pola ausencia dos de cartón e papel.

Noite tras noite repítese a imaxe de contedores desbordados con bolsas de lixo e cartóns, onde moitas veces estes residuos rematan no chan, acompañando dun mal cheiro ás zonas próximas.

A rúa e Praza San Roque é un núcleo importante do noso comercio, o que trae consigo unha gran cantidade de residuos que as diferentes tendas e negocios xeran cada xornada. E cada tardiña se encontran coa problemática de onde depositar os mesmos.

Esta problemática pode corrixirse coa colocación de como mínimo de dous contedores grandes, un de lixo orgánico e outro de papel e cartón.

Outras queixas que estamos a escoitar son das persoas veciñas das rúas Branco Amor e Jesús Carlos Romero Nieto, onde solicitan os contedores de lixo no cruce de ambas rúas.

A imaxe que estamos a ver dende fai tempo de bolsas de lixo e cartóns depositados no chan, que ninguén recolle, sendo unha imaxe “bochornosa”.

Tras falar cos técnicos de Medio Ambiente da Deputación de Ourense a posibilidade de colocar os contedores no cruce de ambas rúas e permitir a recollida de lixo, solucionase con mover a xardineira o necesario para que o camión dea a volta nese punto.