viernes. 02.12.2022

Máis de tres mil kilos de alimentos para repartir

O CDR O Viso recolle alimentos como organización autorizada para o seu reparto nos dous meses que faltan para rematar o 2022

O CDR O Viso como organización que somos de reparto autorizada, o pasado venres, 28 de outubro, desprazámonos por segunda vez neste ano, para recoller os lotes de alimentos non perecedoiros na nave do Banco de Alimentos de Ourense situada no Polígono de San Cibrao das Viñas.
Desta volta, recollemos un total de 3.037,320 quilos de alimentos que repartiremos ó longo destes dous meses (novembro e decembro) ás familias beneficiarias. Esta distribución de alimentos vai ligada a medidas de acompañamento social co fin de favorecer a inclusión social.

Os responsables do centro queren agradecer a Garza Automoción o préstamo da furgoneta que usaron para o transporte.