Máis música tradicional e charangas ata 1 da mañá para o Entroido 2016

xuntanza
Máis música tradicional e charangas ata 1 da mañá para o Entroido 2016

Esta tarde produciuse unha nova xuntanza de Troula de Festa

A Asociación Troula de Festa continua coa organización do Entroido 2016. Desta volta tratáronse puntos como faer décimos de lotería de Nadal do Entroido e polos á venda en oito ou dez establecementos de Xinzo para recaudar diñeiro. A maiores haberá a tradicional pedida de apoio económico ós negocios da zona. Outro dos puntos que se tratou foi o de organizar un Oleiro máis tradicional e apostar pola música da terra para amenizar este día. Tamén se falou sobre a posibilidade de liberar de charangas e aparellos de música a rúa dos viños e a praza maior os días nos que as Pantallas saen a correr. O que si quedou fixado foi o horario das charangas que actuarían polas rúas de 12 da mañá ás 16h da tarde e logo de 19h da tarde ata a 1 da mañá.

Co fin de avanzar na organización do festexo, Troula de Festa ten previsto facer xuntanzas cos hostaleiros de Xinzo, cos donos dos aparellos de música e coa Asociación da Pantalla. A intención é levar adiante un Entroido 2016 que sexa o máis acorde posible con tódolos participantes.